A reputada chef Elena Arzak visita o Centro Integrado de FP Compostela

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2022.-

A chef Elena Arzak visitou esta tarde o Centro Integrado de FP Compostela para coñecer as instalacións do que é un dos espazos formativos de referencia en Galicia na familia profesional de Hostalaría e Turismo. Durante o seu, no que estivo acompañada pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e polo director, Ramiro Esparís, a chef puido charlar con parte do seu alumnado e interesarse pola formación que reciben e polos seus proxectos de futuro.

 

Elena Arzak estudou Hostelaría en Suiza e pasou polas grandes cociñas de Francia, Italia, Reino Unido, España e Mónaco. Conta co premio Chef de l’Avenir de la Academia Internacional de Gastronomía (2011), co  Premio Nacional de Gastronomía da Academia da Gastronomía Española (2010) e co recoñecemento de Mellor Chef feminina do Mundo Veuve Clicquot (2012). Na actualidade codirixe co seu pai, Juan Mari Arzak, o restaurante familiar

Imaxes relacionadas