A Xunta colabora coa Asociación Escobijazz de Lugo para a celebración do seu 32º festival con 26 concertos do 4 ao 20 de novembro

Lugo, 24 de outubro de 2022.- A Xunta de Galicia colabora coa Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz para a organización do Festival de Jazz de Lugo, que celebrará a súa 32ª edición do 4 ao 20 de novembro cun cartel de 26 concertos a cargo de grupos internacionais e galegos que terán lugar en tres escenarios da cidade: Círculo das Artes, Club Clavicémbalo e Casa do Saber.

 
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación do programa completo do encontro, que se suma así á listaxe de festivais de música aos que contribúe a financiar a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto cos 19 encontros que xa contan con apoio a través das subvencións anuais para este tipo de eventos de carácter profesional. Entre as formacións que integran o programa do 32º Festival de Jazz de Lugo están Valentín Caamaño Quartet, Raparijazz, Kurt Elling, Mark Turner Quartet, Sheila Jordan, João Frade Trío, Immanuel Wilkins Quartet, Cyrille Aimée, Billy Cobham Band, Gene García ou Kathrine Windfeld Big Band.

Imaxes relacionadas