A Xunta pon en valor a futura Lei da Calidade Alimentaria de Galicia no marco do foro de presidentes de academias autonómicas de gastronomía

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2022

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou este mediodía no Foro de presidentes das academias autonómicas de gastronomía, celebrado en Santiago de Compostela, onde puxo en valor a futura Lei da Calidade Alimentaria de Galicia, que actualmente está na súa fase de tramitación.

Así, José Luis Cabarcos sinalou que o gran obxectivo desta nova lei é que os produtos alimentarios galegos alcancen unha nova dimensión no mercado, máis competitiva e atractiva para a cidadanía e, en consecuencia, favorecer tamén o desenvolvemento local, a creación de emprego e a diversidade produtiva. Ao tempo, incidiu, búscase achegar ás persoas consumidoras todas as garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade e estivo sometido a un especial coidado no proceso de produción e comercialización.

Imaxes relacionadas