A Xunta asiste ao 60 aniversario da ‘Fundación Mensajeros de la Paz’

Madrid, 21 de outubro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe en Madrid ao 60 aniversario da Fundación Mensajeros de la Paz, fundada e presidida polo padre Ángel García. Esta Organización Non Gobernamental (ONG) celebrou o pasado mes de xullo en Galicia o Día dos Avós. 

Antón Acevedo salientou o labor humanitario desta entidade que actúa tanto a nivel nacional como internacional. Os programas e recursos de Mensajeros de la Paz diríxense a colectivos da poboación que atravesan unha situación complicada e que carecen de recursos, xa sexan menores, maiores ou persoas con discapacidade.