A Xunta actualiza o portal de información sobre as axudas da PAC para o período 2023-2027

O novo apartado web creado recolle información útil tanto dos procedementos de cada unha das axudas como das súas novidades

Ademais, ofrece un mapa interactivo de Galicia por concellos que permite consultar os importes das axudas PAC das últimas campañas, das superficies por usos do terreo e da produción de leite
 

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022.-

O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), organismo depende da Consellería do Medio Rural, vén de lanzar un novo apartado web, dentro da propia páxina do FOGGA, dedicada ao novo período de programación de PAC, que corresponde a 2023-2027. Nela, os usuarios atoparán información útil tanto dos procedementos de cada unha das axudas como das súas novidades.

Deste xeito, o portal se estrutura cun apartado con todo o relativo ás axudas directas e outro específico coas achegas financiadas con fondos FEADER. Tamén, recóllense os requirimentos da condicionalidade reforzada e dos requisitos legais de xestión, así como a condicionalidade social, inédita ata agora, e que afecta ao conxunto dos beneficiarios das axudas.

Así mesmo, o apartado web inclúe no apartado SIXPAC e Monitoraxe un resumo por usos de todas as parcelas de Galicia, un enlace ao visor SIXPAC e información xeral sobre os controis de campo que realiza o FOGGA. Por último, o portal ofrece un mapa interactivo de Galicia por concellos que permite consultar os importes das axudas PA das últimas campañas, das superficies por usos do terreo e da produción de leite.

Enlace á web: