A Xunta asiste á estrea da serie ‘Ronsel de Arousa’, que contou coa participación de Amicos

 A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 20 de outubro de 2022 O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu esta tarde á estrea da miniserie ‘Ronsel de Arousa’, que contou coa participación da entidade Amicos e con financiamento do Grupo de Acción Local (GALP) do Sector Pesqueiro da ría de Arousa e Pontevedra. A proxección tivo lugar no Teatro Cinema Elma do municipio coruñés. 

`Ronsel de Arousa’ pretende concienciar sobre a defensa da pesca e o marisqueo sustentable. O acto contou coa presencia dos actores protagonistas da trama e coa actuación do cantautor Manoele de Felisa, que amenizou o evento con cancións de temática mariñeira.