A Xunta destaca as aportacións de Eduardo Barreiros na fabricación de motores para tractores, camións e vehículos industriais

Ourense, 18 de outubro de 2022 O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta tarde á presentación do libre Eduardo Barreiros, mi bisabuelo fantástico.

Alí, José González destacou as aportacións realizadas por este empresario ourensán na fabricación de motores para tractores, camións e vehículos industriais, os cales facilitaron en xeral o desenvolvemento de diversos tipos de traballos e, en particular, os desenvoltos no campo. Así mesmo, o titular de Medio Rural gabou a pegada deste galego polo mundo, chegando incluso a posicionarse no mercado americano.   

 

Imaxes relacionadas