Fernández-Tapias participa no programa escolar “Radio Emociónate” no CEIP Escultor Acuña de Coia

Vigo, 18 de outubro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este martes no programa “Radio Emociónate” que realizan os alumnos do CEIP Escultor Acuña, no barrio de Coia, con motivo do noventa aniversario da chegada da radio a Galicia. A iniciativa percorreu da man do alumnado a actualidade da cidade e rescatou da memoria as lembranzas vividas ao carón dun aparello de radio.

Imaxes relacionadas