A Xunta recibe o programa Discamiño que organiza o Centro de persoas con discapcidade de Bóveda

Val do Dubra (A Coruña), 16 de outubro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, recibiu hoxe na Praza do Obradoiro aos usuarios do Centro de persoas con discapacidade de Bóveda, que están a realizar o programa Discamiño, que promove un Camiño de Santiago inclusivo para todas as persoas.

Os participantes da iniciativa comezaron o programa o venres coa saída desde Vigo a Pontevedra. A segunda etapa foi desde a cidade do Lérez ata o municipio de Valga, e a última realizouse esta mesma maña, para chegar a Santiago preto do mediodía.