O director xeral de Persoas con Discapacidade asistiu en Teo ao acto co que se puxo fin a esta iniciativa, organizada por Aedem-Cocemfe

Política Social participa no peche da campaña de ámbito nacional ‘Camiñemos pola esclerose múltiple’

Arredor de 50 entidades de toda España adheríronse a esta iniciativa, que tivo como obxectivo sensibilizar á opinión pública sobre as necesidades específicas que teñen as persoas que padecen esta doenza

Teo (A Coruña), 16 de outubro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, avogou esta mañá por “seguir avanzando na mellora do benestar, autonomía e integración das persoas con esclerose múltiple”. Díxoo no acto de celebración do peche da campaña ‘CamiñEmos pola esclerose múltiple’, organizada pola Asociación Española De Esclerose Múltiple (Aedem) e a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (Cocemfe).

Fernando González Abeijón destacou o éxito desta iniciativa de ámbito nacional que comezou o pasado mes de maio e que hoxe culmina. Unhas 50 entidades de toda España participaron na mesma, que consistiu en realizar de forma real ou simbólica a etapa dun camiño con saída dos puntos de emprazamento de cada entidade. Así, no marco do Ano Xacobeo as entidades camiñaron pola esclerose múltiple a través da distintas etapas que fixeron nos seus respectivos territorios.

Os obxectivos desta campaña foron sensibilizar á opinión pública sobre as necesidades específicas que teñen as persoas con esclerose múltiple, dar máis visibilidade á labor que fan as entidades, fomentar a convivencia e reivindicar os dereitos destas persoas.

 

Imaxes relacionadas