A Xunta pon en valor o potencial do rural galego na segunda Exposición gandeira e agrícola de Trevinca na Veiga

A Veiga (Ourense), 15 de outubro de 2022

  O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na inauguración da segunda Exposición Gandeira e Agrícola de Trevinca, no concello ourensán da Veiga. Alí, enxalzou o labor dos gandeiros e dos agricultores galegos, así como das industrias transformadoras, para que a nosa comunidade sexa distinguida pola súa calidade no eido agroalimentario.

Entre hoxe e mañá, esta feira que busca reivindicar o rural galego acollerá degustacións de produtos locais, catas de viños da denominación de orixe Valdeorras, paseos a cabalo e exhibicións ecuestres. Tamén tradicións como os desfiles dos "bois xunguidos" ou o concurso de “acarabulladores de gadallas”, con premio para o mellor.

Imaxes relacionadas