Fernández-Tapias destaca o carácter “inclusivo, transversal e aberto a Vigo” do colexio Apóstolo Santiago no seu 150 aniversario

A delegada da Xunta en Vigo participou este sábado nos actos de celebración do Colexio Xesuítas

Vigo, 15 de outubro de 2022 

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este sábado nos actos de conmemoración do 150 aniversario do colexio Apóstolo Santiago celebrados no salón de actos das instalacións educativas da rúa Sanjurjo Badía.

A representante autonómica destacou durante a súa intervención o carácter “inclusivo, transversal e aberto á cidade” do centro escolar polo que pasaron uns 20.000 alumnos. “Estamos tamén moi agradecidos porque Xesuítas é unlugar inclusivo e integrador, cun gran número de alumnos con necesidades especiais de todo perfil e un colexio de referencia para moitas familias en Vigo”, sinalou Fernández-Tapias.

Imaxes relacionadas