A Xunta asiste á celebración dos XXIV xogos autonómicos Special Olympics Galicia na modalidade de natación

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2021 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá á celebración dos XXIV xogos autonómicos Special Olympics na súa modalidade de natación que tivo lugar na piscina municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela.

Durante o encontro, o director xeral destacou que a celebración destes xogos autonómicos permite achegar o deporte ás persoas con discapacidade nun ambiente de igualdade. Neste sentido, agradeceu a Special Olympics por permitir avanzar cara unha sociedade cada vez máis inclusiva e por incentivar diferentes disciplinas e os seus valores e beneficios entre as persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas