O Xacobeo 2021-2022 recibe o premio da revista Misión nun acto na Universidade Francisco de Vitoria

Madrid, 14 de outubro de 2022 O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, recibiu no día de onte, en nome da Xunta de Galicia, de mans de Clemente López, vicerreitor de innovación e emprendemento da Universidade Francisco de Vitoria, lugar no que tivo lugar o acto, o premio de revista Misión 2022 por dar a coñecer en todo o mundo a riqueza do Camiño de Santiago, a histórica vía que acaba na tumba do apóstolo en Compostela e ao que chegan cada ano centos de miles de peregrinos.

 

Serrano destacou “a aposta da Xunta polo camiño e pola celebración deste ano Santo excepcional, como motor de recuperación económica e espiritual para Galicia”. Serrano engadiu ademais que “A día de hoxe podemos dicir que foi todo un acerto, cos albergues ao cento por cento de ocupación, os sectores reactivados e máis de 380.000 certificacións no conxunto do ano, das cales o 45% son de peregrinos internacionais”.

 

Os galardoados co Premio Revista Misión 2022 foron escollidos polo equipo de redacción e o seu consello editorial. Ademais da Xunta de Galicia foron premiados: Juan Manuel Cotelo, Parque temático Puy du Fou España, “Proyecto Nosotras” para salir de la pornografía dale una Vuelta, Campaña: “Vivan los padres” de la AcdP, Manuel Martínez-Sellés, Rescatadores Juan Pablo II, Documental “Soy fuego, la vida del Padre Henry”, El Rosario de las 11 pm y la película “Corazón de Padre” de Goya Producciones.

 

Imaxes relacionadas