A Xunta participa nos actos conmemorativos do Día Mundial da Saúde Mental

As Pontes (A Coruña), 13 de outubro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe aos actos organizados pola Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal con motivo do Día Mundial da Saúde Mental. Nesta efeméride tamén participou a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros.

 

Fernando González Abeijón destacou a importancia das entidades que traballan no ámbito da saúde mental, pois constitúen un “soporte social imprescindible para moitas persoas e os seus familiares”. Ademais, apuntou a necesidade de “desmontar os prexuízos e de non estigmatizar” ás persoas que padecen algún tipo de problema neste ámbito.

Imaxes relacionadas