A Xunta reafirma a súa aposta pola colaboración interrexional para impulsar a transformación dixital e a innovación na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2022

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, pon en valor como unha das fortalezas do ecosistema galego de innovación a cooperación e reivindica os fondos europeos Next Generation como unha oportunidade para impulsar a transición dixital desde a cooperación e a especialización intelixente


Na súa aposta pola dixitalización, Galicia impulsa os Hubs de Innovación Dixital como unha plataforma para acompañar ás pemes no seu acceso ás tecnoloxías dixitais


A integración destes na rede europea permitirá ás pemes galegas ter un maior acceso a programas como Digital Europe e a un amplo abano de recursos nos seus procesos de transformación dixital