A Xunta amplía a rede de orientación persoal e familiar a 42 centros que exercen de coordinadores para apoio ao alumnado con máis dificultades

Esta iniciativa pioneira, que arrancou o ano pasado, acadou no seu primeiro curso de funcionamento preto de 500 alumnos atendidos de máis de 300 colexios e institutos


Cada centro da rede conta cunha unidade de Acompañamento e Orientación persoal con docentes coordinadores para o desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento aos estudantes que o precisen
 

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2022 A Xunta de Galicia vén de ampliar a Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia a un total de 42 centros públicos de Infantil, Primaria e Secundaria, dez máis que o pasado curso, que este ano exercerán como coordinadores do resto dos colexios e institutos da súa área de influencia para o apoio ao alumnado con maiores dificultades desde o punto de vista educativo e familiar.

 

Esta acción, que a Consellería de Educación puxo en marcha de xeito pioneiro o curso pasado, supuxo a creación dunha rede de 32 centros educativos que exercían de dinamizadores das súas respectivas áreas a través doutras tantas unidades de acompañamento e orientación, dotadas con profesorado específico. Agora, co obxectivo de continuar o programa, a rede amplíase en dez centros máis.

Apoio educativo e familiar ao alumnado máis vulnerable

A tarefa desta Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia céntrase en desenvolver actuacións específicas de apoio e seguimento ao alumnado más vulnerable desde o punto de vista educativo, ao tempo que colaborar coas familias e a contorna. Durante o pasado curso esta rede prestou apoio a preto de 500 alumnos e de máis de 300 centros educativos.

 

Ademais, co fin de atender á área xeográfica que lle corresponda e favorecer a mobilidade e o desprazamento dos profesionais, cada un destes centros constitúe unha unidade de Acompañamento e Orientación persoal atendida por unha persoa coordinadora do grupo dos 42 docentes incorporados para esta función.

 

Estes docentes -a razón dun por centro da rede- son os encargados do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento ao alumnado que o precise. A súa función é a de complementar a actuación ordinaria dos centros educativos da súa área, sobre todo atendendo ás situacións máis delicadas, e sempre en coordinación cos departamentos de orientanción dos centros. Tamén se realizan labores de acompañamento ás familias, ofrecéndolles recursos para unha maior implicación nos procesos educativos dos seus fillos.

 

Esta Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia sirve tamén de apoio e reforzo ao labor dos máis de 4.000 profesionais dedicados á orientación e o reforzo educativo que diariamente están traballando de xeito ordinario nos centros educativos galegos.

 

Listado de centros da Rede de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar neste curso (en negriña os de nova incorporación):

PROVINCIA
CONCELLO
CENTROS
ZONA XEOGRÁFICA
A CORUÑA
A CORUÑA
CIFP Ánxel Casal- Monte Alto

A Coruña, Oleiros, Sada, Bergondo,    Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Curtis, Vilasantar.

A CORUÑA
A CORUÑA
CIFP Someso
A Coruña, Culleredo.
A CORUÑA
A CORUÑA
CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane
A Coruña.
A CORUÑA
AMES
IES Plurilingüe de Ames
Ames, Santiago de Compostela.
A CORUÑA
ARTEIXO
IES Manuel Murguía
Arteixo, A Coruña, Laracha.
A CORUÑA
CEDEIRA
IES Punta Candieira

Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche, Somozas.

A CORUÑA
CEE
IES Fernando Blanco
Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Muxía, Mazaricos, Carnota, Muros.
A CORUÑA
CERCEDA
CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro

Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Malpica, Val do Dubra, Santa Comba.

A CORUÑA
CERCEDA
CPI Plurilingüe O Cruce
Cambre, Carral, Abegondo.
A CORUÑA
FERROL

 IES Catabois

Ferrol, Monfero, A Capela.
A CORUÑA
FERROL
 CIFP Leixa

 Cabanas, Pontedeume, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón, Miño, Vilarmaior, Aranga, As Pontes.

A CORUÑA
NOIA
CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso
Lousame, Noia, Outes, Porto do Son.
A CORUÑA
RIBEIRA
IES Leliadoura
Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo.
A CORUÑA
ROIS
CPI Plurilingüe Dos Dices

Catoira, Valga, Negreira, A Baña, Rois, Brión, Padrón, Dodro, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis.

A CORUÑA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
CEIP das Fontiñas
Santiago de Compostela.
A CORUÑA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
CEIP Pío XII
Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.
A CORUÑA
VEDRA
CPI Plurilingüe de Vedra
Vedra, Santiago, Teo, Boqueixón.
A CORUÑA
VILA DE CRUCES
CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas
Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Sobrado, Toques, Santiso.
A CORUÑA
VIMIANZO
IES Terra de Soneira
Camariñas, Vimianzo, Zas.
LUGO
A FONSAGRADA
CEIP Plurilingüe Santa María

A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Baralla, Meira, A Pontenova.

LUGO
FOZ
IES de Foz

Ribadeo, Trabada, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo.

LUGO
LUGO
IES Leiras Pulpeiro

Lugo, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Rábade, Outeiro de Rei, Friol.

LUGO
LUGO
CEIP Luís Pimentel

Lugo, Sarria, O Páramo, Paradela, O Incio, Samos, Triacastela, Láncara.

LUGO
LUGO
CEIP Paradai

Lugo, Castroverde, O Corgo, Guntín, Portomarín, Pol, Cospeito, Castro de Rei, Begonte.

LUGO
MONFORTE DE LEMOS
CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober, Chantada, Taboada, Carballedo, A Peroxa, Nogueira de Ramuín.

LUGO
VILALBA
CEIP Antonio Insua Bermúdez

Muras, Xermade, Guitiriz, Vilalba, A Pastoriza, Abadín, Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro.

OURENSE
CELANOVA
CEIP Plurilingüe Curros Enríquez

San Cibrao das Viñas, Taboadela, Celanova, Cartelle, Ramirás, A Merca, Padrenda, Muíños, Lobios, Entrimo, Bande, Crecente, Arbo, A Cañiza, Covelo, Toén, Barbadás, Ourense, As Neves, Salvaterra de Miño.

OURENSE
O BARCO DE VALDEORRAS
IES Lauro Olmo

A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín, O Bolo, Larouco, Viana do Bolo, Pobra de Tribes, Manzaneda, Castrocaldelas, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, A Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso.

OURENSE
OURENSE
CPI Plurilingüe José García García 
Ourense
OURENSE
VERÍN
IES Xesús Taboada Chivite

Verín, Vilardevós, Riós, Castrelo do Val, Laza, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sandiás, Xinzo de Limia, Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía.

OURENSE
VILAMARÍN
IES de Vilamarín

Vilamarín, San Cristobo de Cea, O Irixo, Beariz, Boborás, O Carballiño, Maside, San Amaro, Punxín, Avión, Leiro, Cenlle, Carballeda de Avia, Melón, Ribadavia, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, Ourense.

PONTEVEDRA
 BAIONA
IES Primeiro de Marzo
Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui.
PONTEVEDRA
 GONDOMAR
IES Auga da Laxe

 Gondomar, Vigo, Salceda de Caselas, Ponteareas.

PONTEVEDRA
 NIGRÁN
IES Valmiñor
Nigrán, Vigo.
PONTEVEDRA
CAMBADOS
CEP Antonio Magariños Pastoriza

Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Meis.

PONTEVEDRA
LALÍN
CEIP Xaquín Loriga

Lalín, Vila de Cruces, Agolada, Silleda, Rodeiro, Dozón, Forcarei, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, A Lama.

PONTEVEDRA
MOAÑA
IES Plurilingüe A Paralaia
Moaña, Marín, Vilaboa, Bueu, Cangas, Soutomaior.
PONTEVEDRA
PONTE CALDELAS
CEIP Plurilingüe A Reigosa

 Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Vigo, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario.

PONTEVEDRA
PONTEVEDRA
CIFP A Xunqueira

Pontevedra, Poio, Vilagarcía de Arousa, Portas, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Marín.

PONTEVEDRA
SANXENXO
CEIP de Portonovo
Pontevedra.
PONTEVEDRA
VIGO
IES de Teis
Vigo.
PONTEVEDRA
VIGO
CEIP Plurilingüe O Sello
Vigo, Porriño, Mos.