A Xunta remata as obras da nova senda peonil na estrada AC-305 en Burés, no Concello de Rianxo
A obra, cun investimento de 50.000 €, responde unha demanda veciñal e dá acceso a unha parada de autobús na marxe esquerda
Trátase dun itinerario pola marxe esquerda da estrada AC-305, de 100 metros de lonxitude, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 10+180 e 10+280
Esta intervención complementa a senda prevista na marxe dereita desta mesma vía para conectar A Casilla, O Araño e Burés
Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2022 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras dunha nova senda peonil na estrada autonómica AC-305, en Burés, no concello de Rianxo.
Os traballos, cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, consistiron na execución dun itinerario pola marxe esquerda da estrada AC-305, de 100 metros de lonxitude, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 10+180 e 10+280.
Con esta actuación a Xunta atende unha demanda veciñal, dando acceso a unha parada de autobús nesa marxe da estrada, onde tamén se dispuxo refuxio para os usuarios do transporte público.
Este itinerario complementa a senda proxectada pola marxe dereita da estrada AC-305 e que conectará A Casilla, O Araño e Burés.
A Xunta segue a impulsar a construción de novas sendas co obxectivo de dotar os veciños de itinerarios que lle permitan facer os seus desprazamentos cotiás de xeito máis cómodo, seguro, sustentable e saudable.