A Xunta reúnese coa Federación Nacional de Asociacións Xuvenís en O Porto para estudar a posta en marcha de novas iniciativas

O Porto, 10 de outubro de 2022 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no Porto nunha reunión de traballo coa Federación Nacional de Asociacións Xuvenís para estudar a posta en marcha de novas iniciativas no marco da convocatoria de programas europeos.

 

Esta organización integra ás asociacións locais e rexionais do ámbito da mocidade para promover o diálogo e a inclusión dos mozos con menos oportunidades na sociedade. A directora xeral sinalou a importancia de impulsar desde as autoridades públicas e políticas o asociacionismo xuvenil para que teñan unha participación activa e crítica na sociedade.

Imaxes relacionadas