A Xunta visita o centro de día de Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Alzheimer (Agadea) en Santiago

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2022 

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá o centro de día da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Alzheimer (Agadea) en Santiago acompañado do director xeral de Mayores, Participación Activa y Soledad no Deseada en Andalucía, Francisco Javier Serrano.

Durante a visita, Antón Acevedo puxo en valor o gran labor que realiza esta entidade na atención ás persoas con Alzheimer e sinalou a necesidade de impulsar a prevención desta doenza a través dun envellecemento activo e de terapias específicas.

O director xeral destacou o apoio do Goberno galego ao tecido asociativo galego a través de axudas para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade, dotada con 13 millóns de euros, ou a través da orde de axudas para a adquisición de vehículos adaptados publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia. Con esta nova convocatoria, a Xunta axuda ás entidades sociais a mellorar o transporte dos seus usuarios.

Imaxes relacionadas