A Xunta acada a certificación do esquema nacional de seguridade en varios sistemas de información

A Administración autonómica acadou dúas certificacións en ambos sistemas de información que dan soporte ás actividades do Fondo Galego de Garantía Agraria


Nos vindeiros meses auditaranse novos servizos para estender progresivamente o ámbito da certificación
 

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2022 O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, recolleu esta semana as certificacións CERT-ENS-22180, de categoría Básica e a CERT-ENS-22179 de categoría Media, que acreditan que os servizos que presta este departamento autonómico ao Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) cumpren co esixido polo Esquema Nacional de Seguridade (ENS) ata o 17 de xuño de 2024.

 

A Axencia recibiu estes certificados tras superar o pasado mes de maio unha auditoría de certificación ENS destes sistemas cos que dá soporte aos seguintes servizos do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA):

 

          Apoio ao Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

          Servizo de Axudas Agrícolas, Gandeiras e Complementarias dá PAC

          Servizo de Xestión Administrativa

          Xestión de Pagos de Axudas e Subvencións

          Primar

          Sistema e Xestión Integrada de Medio Rural

 

A consecución destas certificacións supón un fito importante,  xa que se trata da primeira certificación ENS concedida a organismos dependentes da Xunta de Galicia e a primeira a unha administración pública galega. Nos próximos meses se auditarán novos servizos para estender progresivamente o ámbito da certificación.

Imaxes relacionadas