A Xunta asiste á representación teatral ‘Outrora Nós’ do grupo gañador do Xuventude Crea 2021 Mevadeus Co

Vigo, 7 de outubro de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á representación teatral Outrora Nós do grupo Mevadeus Co. Os seus integrantes resultaron gañadores do programa Xuventude Crea no ano 2021 da Xunta de Galicia na categoría de teatro.

 

Xuventude Crea trata de impulsar a creatividade da xuventude ofrecéndolles un estímulo anímico e económico. Desde o ano 2010, este programa leva entregados 451 premios que van aparellados a unha dotación económica de entre 3.000 e 1.000 euros. A directora xeral quixo acompañar a estes mozos na estrea da súa obra para animalos a seguir compartindo coa sociedade galega todo o seu potencial.