A Xunta recoñece a excelencia de 20 alumnos cos premios extraordinarios de Bacharelato 2021/22

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2022

  A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 20 alumnos que cursaron 2º curso de Bacharelato no curso 2021/22 cos premios extraordinarios. O obxectivo deste galardón é valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo dos estudantes que remataron esta etapa educativa cun sobresaínte resultado académico.

 

Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, os rapaces debían contar cunha nota media no Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos. Así mesmo, os candidatos tiveron que superar unha proba presencial estruturada en dúas partes.

 

A primeira dela centrouse na análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, así como na resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira lingua estranxeira II cursada. A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia, a escoller entre Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Latín II e Fundamentos da arte II.

 

Cada un dos galardoados recibe un premio económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. Ademais, a distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

 

A relación de persoas premiadas é a que se detalla no seguinte cadro:

 
Concello
Centro educativo
Persoa premiada
A Coruña
CPR Plurilingüe Compañía de María
Duckworth Juárez, Marta
A Coruña
IES Plurilingüe Adormideras
Otero Lema, Brais
A Coruña
CPR Plurilingüe Liceo La Paz
Parada Burés, Diego
A Coruña
CPR Plurilingüe Peñarredonda
Pin Yeste, Alberto
Cee
IES Agra de Raíces
Pérez Soto, Mateo
Negreira
IES Xulián Magariños
Casas Neo, Mencía

Santiago de Compostela

IES Arcebispo Xelmírez I
Asegurado Mougán, Daniel

Santiago de Compostela

CPR Manuel Peleteiro
Ayaso Torres, Carlos

Santiago de Compostela

CPR Manuel Peleteiro
Pereira Angueira, Tomás

Santiago de Compostela

CPR Manuel Peleteiro
Sanmartín Goyanes, Alexandre

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe La Salle
Pérez Moreta, María

Santiago de Compostela

IES Antonio Fraguas Fraguas
Sanjurjo Carballeira, Erea
Teo
IES de Cacheiras
Montoto Pintos, Eva
Burela
IES Monte Castelo
Geada Bernal, Alba
Lugo
IES Lucus Augusti
Castro Díaz, Antía
Ourense
IES As Lagoas
Gallardo Quevedo, María
Vigo
CPR Plurilingüe Rosalía de Castro
Domínguez Fernández, Nicolás
Vigo
IES do Castro
Martínez Cabeza, Sabela
Vigo
IES do Castro
Villamarín Puentes, Manuela

Vilagarcía de Arousa

IES Castro Alobre
Senín Sánchez, Clara
 

Imaxes relacionadas