A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía galega doar nas xornadas previas ao festivo do 12 de outubro

As unidades móbiles de ADOS visitarán esta semana máis de 40 concellos galegos co obxectivo de garantir o adecuado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos nosos centros hospitalarios

Santiago de Compostela, 7outubro 2022

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía galega a doar sanguenas xornadas previas ao festivo do próximo 12 de outubro. ADOS destaca que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns, en especial dos grupos sanguíneos 0 Negativo e APositivo. Ademais, cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

 

As semanas nas que hai algún día festivo acostuman rexistrar unha diminución na participación dos cidadáns nas campañas de doazón, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible contar coa xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue nestas datas.

 

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

 

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

 

DATA
CONCELLOS

Venres 7 de outubro

Navantia-Fene, Carballo, Ribeira, Lestedo (Boqueixón), Marín, A Guarda, I.F.P. Marítimo Pesquero (Vigo), Burela, Verín.

Sábado 8 de outubro

Carballo, Ribeira, Marín, A Guarda, Pol.

Luns 10 de outubro

Betanzos, C.I.F.P. Someso (A Coruña), Vimianzo, Fisterra, Bertamiráns (Ames), Cuartel Figueirido (Vilaboa), Vilanova de Arousa, I.E.S. Teo (Vigo), Santa María de Oia, Ribadeo, Rúa do Paseo (Ourense).

Martes 11 de outubro

I.E.S. Leixa (Ferrol), C.I.F.P. Someso (A Coruña), Obelisco (A Coruña), Teixeiro (Curtis), Santa Comba, Cuartel Figueirido (Vilaboa), Vilanova de Arousa, I.E.S. Teis (Vigo), As Neves, I.E.S. Porta da Auga (Ribadeo), A Pastoriza, Riotorto, Ribadavía.

Xoves 13 de outubro

Cedeira, Catro Camiños (A Coruña), Vilaboa (Culleredo), Silleda, Área Central (Santiago) Caldas de Reis, Cangas, Mondariz, I.E.S, Mª Sarmiento (Viveiro), O Páramo, Láncara, A Barrela (Carballedo),

Avda. Buenos Aires (Ourense).

Venres 14 de outubro

Pontedeume, APPLUS (Sada), Arteixo, Carral, Noia, I.E.S. Fontiñas (Santiago), Lalín, Porriño, Cangas, Viveiro, Xinzo de Limia.

Sábado 15 de outubro

Pontedeume, Arteixo,Noia, Lalín, Porriño, Praza Maior (Lugo).

 

 

 

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 

CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE

Luns e venres de 15:00 a 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves de 15:00 horas a 22.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás15.00 horas

 

 

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

 

 

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Imaxes relacionadas