A Xunta pon en valor os incentivos para a contratación de vítimas da violencia de xénero por concellos e entidades sen ánimo de lucro por máis de 8 M€ desde 2019

Vigo, 6 de outubro de 2022

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na xornada Xuntos contra a violencia de xénero: por unha sociedade sen violencia, organizada pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave) co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. No acto puxo en valor os incentivos que a Administración autonómica concede a entidades locais e sen ánimo de lucro para a contratación de vítimas da violencia de xénero e que desde 2019 chegaron a 430 mulleres cun investimento realizado de 8,2 millóns de euros.

López Abella valorizou estas medidas que no eido laboral está a desenvolver a comunidade, co “obxecto de garantir a empregabilidade de mulleres vítimas de violencia de xénero en situación de desemprego –incluídas as mulleres vítimas de violencia vicaria ou de trata con fins de explotación sexual- para que poidan gañar a independencia económica necesaria para rachar cos seus agresores e avanzar cara a súa recuperación”.

Imaxes relacionadas