O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica ten comprometidas 22 actuacións en centros educativos da área metropolitana da Coruña con máis de 2,3 M€

Trenor visitou o CEIP da Castellana de Aranga no que a Xunta investiu 216.000 euros para mellorar os servizos, a eficiencia e comodidade do centro
 

O Goberno galego ten en marcha nos concellos da área metropolitana 7 grandes actuacións en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano
 

A maiores, este verán realizáronse 15 obras de pequena ou mediana envergadura
 

Ademais, está en marcha a construción dunha pista multideporte neste centro educativo con un orzamento de máis de 46.000 euros

Aranga (A Coruña), 5 de outubro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Aranga, Alberto Platas, visitou esta mañá o CEIP da Castellana. Trenor puxo en valor o importante investimento realizado neste centro, de máis de 216.000 euros, no que se levaron a cabo melloras sectoriais que incluíron a substitución de toda a carpintería do edificio. Ademais, está previsto, neste mesmo centro, a construción dunha pista multideporte que conta cun orzamento de máis de 46.000 euros.

 

Na visita o representante do Goberno galego avanzou o desenvolvemento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na comarca da Coruña,  a folla de ruta para a modernización dos centros educativos cun novo modelo de escolas poscovid. A día de hoxe, a Xunta de Galicia ten comprometidos coa área metropolitana da Coruña 2,3 millóns de euros en grandes obras en 7 centros educativos desta área nos concellos de Aranga, Abegondo, Culleredo, Curtis, Oza-Cesuras e Vilasantar. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano

 

Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico das fachadas, cambios de cubertas, cambio de fiestras, renovación de luminarias, etc).

 

No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 9 centros educativos de Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Curtis, Mesía, Oleiros, Oza-Cesuras e Sada. Estas obras consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.

 

Folla de ruta pioneira

Trenor lembrou que Galicia conta desde 2021 cun Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica co fin de adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, cun investimento de 191 M€ nesta lexislatura.

 

Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe.

 
GRANDES OBRAS
CONCELLO
CENTRO
TIPO DE OBRA
IMPORTE
Aranga
CEIP da Castellana

Melloras sectoriais. Carpintería

            216.319,00 €
Abegondo

CEIP Plurilingüe San Marcos

Rehabilitación Integral
            772.693,90 €
Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Melloras sectoriais. Cuberta

             519.632,18 €
Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Melloras sectoriais. Reforma instalación media tensión

            149.765,33 €
Curtis
CEIP de Curtis

Melloras sectoriais. Carpinterías e outros

           220.220,00 €
Oza- Cesuras
 CEIP de Oza dos Ríos

Melloras sectoriais. Substitución de fiestras

            142.986,50 €
Vilasantar
CEIP de Présaras

Melloras sectoriais. Substitución de cuberta, de fiestras, e SATE

           284.598,95 €
 
 

7 ACTUACIÓNS

       2.305.800 €

CENTROS NOS QUE SE REALIZAN PEQUENAS OBRAS

CONCELLO
CENTRO
Arteixo

CEIP de Galán

Arteixo

CEIP Ponte dos Brozos

Betanzos

CEIP Francisco Vales Villamarín

Betanzos

IES Francisco Aguiar

Cambre

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Cambre
 IES Afonso X O Sabio
Culleredo

CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Culleredo

IES Rego de Trabe

Curtis

CEIP de Teixeiro

Mesía

CPI de Xanceda

Oleiros

CEIP Juana de Vega

Oleiros

CEIP Luís Seoane

Oza-Cesuras

CEIP Plurilingüe Bragade

Sada

CEIP Sada y sus Contornos

Sada

IES Isaac Díaz Pardo

 

15 CENTROS

 

Imaxes relacionadas