A Semana Olimpica reúne en Vilagarcía ao presente e futuro da vela nacional nun novo éxito organizativo do deporte galego

O secretario xeral para o Deporte volveu a insistir na importancia da vela para os vindeiros Xogos Olímpicos

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 3 de outubro de 2022.-

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación da Semana Olímpica de Galicia durante a que se celebrará o Campionato de España de 470.

Lete Lasa destacou a importancia de que a Real Federación Galega de Vela “traia todos anos ao centro de tecnificación galego da vela unha proba nacional de clase olímpica para que os mellores deportistas españois compitan en Galicia pero tamén, para que os mellores deportistas galegos poidan loitar por un título nacional navegando en casa”.

Nesta ocasión será o nacional de 470 no que competirá o galego Nico Rodríguez, medalla de bronce nos últimos Xogos Olímpicos de Toquío e que loitará por estar en París 2024 na nova especialidade do 470 mixto. Ademais, destacou outros dos nomes propios galegos que tamén competirán nio campionato de España como os de Pablo García, Stella Enríquez, Pablo Mijares, Yago Castro ou Daniela Mariño, aos que identificou como “futuras estrelas da vela galega”.

Neste sentido, o secretario xeral para o Deporte volveu a insistir na importancia da vela para os vindeiros Xogos Olímpicos.

Imaxes relacionadas