Trenor inaugura o obradoiro de emprego de Noia, Lousame e Outes a que formará 20 alumnos en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

O delegado da Xunta informou que na comarca do Barbanza o Goberno galego financiará 5 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 2,3 millóns de euros


O delegado da Xunta explicou que grazas a ampliación do crédito deste programa foi posible dar cobertura a todas as solicitudes e incluír o concello de Rianxo entre os adxudicatarios destas axudas
 

Noia  (A Coruña), 3 de outubro de 2022 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polos alcaldes de Noia, Lousame e Outes, inaugurou esta mañá o obradoiro de emprego, Noia-Lousame-Outes 22 que se desenvolverá en colaboración con estes tres concellos. Este programa conta cun apoio da Xunta de máis de 500.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Concretamente, formaranse 20 alumnos, durante 12 meses, na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

 

Trenor destacou que na comarca do Barbanza a Xunta financiará, na convocatoria 2022-2023, cinco obradoiros de emprego nos concellos de Ribeira, Boiro, Muros, Rianxo e Noia, grazas a un investimento que supera o 2,3 millóns de euros para formar a 95 desempregados desta área. O delegado da Xunta explicou que grazas a ampliación do crédito deste programa foi posible dar cobertura a todas as solicitudes e incluír ao concello de Rianxo entre os adxudicatarios destas axudas.

 

O representante do Goberno galego explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque ademáis de mellorar as capacidades para que as persoas desempregadas atopen un emprego, compleméntase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna.

 

Trenor destacou o compromiso destes tres concellos coa empregabilidade porque leva anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afronta.

 

O delegado da Xunta lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego son unha das actividades coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegas e  galegos, co obxecto de mellorar a empregabilidade das persoas sen traballo mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social.

 

O representante do Goberno galego apuntou que “a convocatoria deste ano inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros dos 9 aos 12 meses”. Teñen preferencia, como en pasadas edicións, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, en particular; os parados de longa duración; maiores de 45 anos; alumnado que carece de títulos universitarios ou de FP de grao superior; e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

 
 
 
 
ENTIDADE
PROXECTO
ALUMNOS SOLICITADO
Nº CONCELLOS
OUTRAS ENTIDADES
ORZAMENTO TOTAL SUB
RIBEIRA
TAHUME VIII
20
2
PORTO DO SON
503.987,00 €
BOIRO

OBRADOIRO DE EMPREGO XESTIÓN FORESTAL TORRE GOIÁNS II - BOIRO

20
1
 
503.987,00 €
MUROS
COSTAGRANDE
20
2
CARNOTA
503.987,00 €
RIANXO

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "PAZO DE RIANXIÑO"

15
1
 
377.990,25 €
NOIA

NOIA-LOUSAME-OUTES 2022

20
3

LOUSAME, OUTES

503.987,00 €

TOTAL COMARCA BARBANZA

 
95
9
   

2.393.938,25 €

             
 

 

Imaxes relacionadas