A Xunta recibe aos participantes do ‘Camiño dos Valores’ organizado por #UP2U Project

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2022

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, recibiu esta mañá os participantes do Camiño dos Valores organizado por #UP2U Project na praza do Obradoiro. Durante o evento agradeceu a esta entidade o seu traballo na promoción de novas experiencias e aprendizaxe entre as persoas en situación de vulnerabilidade social ou en risco de padecela.

 

Esta iniciativa organiza un Camiño pola Paz entre 120 mozos e mozas de toda España en situación de vulnerabilidade. O director xeral lembrou a importancia de impulsar iniciativas coma esta que garantan a igualdade de oportunidades e que promova unha infancia feliz para todos os mozos e mozas.

Imaxes relacionadas