A Xunta colabora con Faxpg para o impulso da mocidade xorda

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2022

A Xunta colabora coa Federación de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para a inclusión da mocidade xorda. Por iso, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no obradoiro de creación audiovisual que organizou esta entidade ao abeiro do programa Iniciativa Xove, do Goberno galego.

 

Cristina Pichel puxo en valor o traballo da federación para promover o lecer e a formación das mozas e mozos con discapacidade auditiva. Así, subliñou o compromiso da Xunta de Galicia con toda a xuventude e máis aínda, con aquela que ten algún tipo de discapacidade, para axudala en ámbitos tan importantes como o lecer, a formación ou o acceso ao emprego.