A Xunta pon en valor o labor dos educadores sociais de Galicia na transmisión de valores entre a poboación

Lobios (Ourense), 1 de outubro de 2022.-

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá na convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) na Serra do Xurés. Durante a súa intervención puxo en valor o labor destes profesionais na transmisión de valores entre a poboación e na sensibilización respecto á diversidade.

 

Este encontro tivo lugar con motivo da celebración do Día Internacional da Educación Social 2022 e contou coa participación de alumnado e profesorado da Educación Social de Galicia, Asturias e Portugal. O director xeral agradeceu aos organizadores a posta en marcha deste seminario para coñecer os proxectos que se están a realizar noutros territorios e sacar conclusións sobre como mellorar a atención dos colectivos máis vulnerables da sociedade.

Imaxes relacionadas