A Xunta participa na X Marcha Ciclista unificada organizada por Special Olympics

Friol (Lugo), 30 de setembro de 2022.-

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe na primeira etapa da X Marcha Ciclista Unificada organizada por Special Olympics Galicia para impulsar e visibilizar a inclusión das persoas con discapacidade.

 

Pola súa banda, o director xeral puxo en valor o papel do deporte como unha ferramenta de gran importancia para integración. Así mesmo, agradeceu o traballo que realiza a asociación Special Olympics a favor das persoas con discapacidade e das súas familias para mellorar a súa calidade de vida.

Imaxes relacionadas