A Xunta destaca a aposta da ITV pola innovación e a sustentabilidade na súa rede de estacións que sumará dúas liñas fixas en Palas de Rei

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá o concello, onde mantivo un encontro co alcalde para avaliar este proxecto que, proximamente, comezará a súa tramitación administrativa

Palas de Rei (Lugo), 28 de setembro de 2022 A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá o concello de Palas de Rei, onde mantivo un encontro co alcalde, Pablo Taboada, na que se avaliou o proxecto para implantar unha estación de servizo fixa para a inspección técnica de vehículos.

 

A nova infraestrutura, que proximamente comezará a súa tramitación administrativa, terá una superficie de 550 m2 entre zona administrativa, de atención ao público e nave de inspección. En concreto, disporá de 2 liñas, dotadas de todos os equipos técnicos necesarios, incluíndo unha zona especialmente acondicionada para a medición de nivel de ruído de ciclomotores e motocicletas. Prevese a realización de preto de 20.000 inspeccións durante o seu primeiro ano de funcionamento

 

A nova estación incluirá as innovacións desenvolvidas durante os últimos anos nas ITV galegas, entre os que destaca o novo deseño de estación empregado xa na Sionlla e no Carballiño ou a xestión do proceso de inspección mediante o uso de tablets. Con esta serán 27 as estación fixas na rede de ITV galega, -6 delas na provincia de Lugo- e 37 contando tanto as fixas como as unidades móbiles.

 

Paula Uría subliñou a aposta da ITV pola innovación e a sustentabilidade e que se materializa coa implantación de instalacións solares fotovoltaicas, a incorporación dunha rede de infraestruturas de recarga para vehículos eléctricos, así como o compromiso de investimentos en innovación para situar a inspección técnica de vehículos de Galicia á vangarda.

Imaxes relacionadas