O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica ten comprometidas 38 actuacións en centros educativos de Santiago por máis de 7,1 M€

Trenor visitou o CPI Plurilingüe dos Dices en Rois que a Xunta investiu máis de 440.000 euros para mellorar os servizos, a eficiencia e comodidade do centro
 

O Goberno galego ten en marcha nesta comarca 19 grandes actuacións en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano
 

A maiores, este verán realizáronse 19 obras de pequena ou mediana envergadura
 

Ademais, está en marcha a construción de dúas pistas multideporte no CEIP Campomaior de Ordes e no CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba

Rois (A Coruña), 27 de setembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Rois, Ramón Tojo e polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o CPI Plurilingüe dos Dices. Trenor puxo en valor o importante investimento realizado neste centro no que se levaron a cabo obras de gran envergadura cun investimento de máis de 440.000 euros de substitución de cuberta (nos dous edificios), e substitución de fiestras nos edificios antigos.

 

Na visita o representante do Goberno galego avanzou o desenvolvemento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na comarca de Santiago, a folla de ruta para a modernización dos centros educativos cun novo modelo de escolas poscovid. A día de hoxe, a Xunta de Galicia ten comprometidos con esta comarca 7,1 millóns de euros en grandes obras en 19 centros educativos desta área nos concellos de Ames, Boqueixón, Dodro, Frades, Ordes, Negreira, Padrón, Rois, Santiago, Tordoia, Touro, Trazo e Val do Dubra. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano

 

Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico das fachadas, cambios de cubertas, cambio de fiestras, renovación de luminarias, etc).

 

No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 19 centros educativos de Ames, Boimorto, Frades, Ordes, O Pino, Rois, Santiago e Val do Dubra. Estas obras consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.

 

Así mesmo, o Goberno galego vai a confinanciar a construción de dúas pistas multideporte no CEIP Campomaior de Ordes e no CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba por un importe total de 127.500 euros.

 
 

Folla de ruta pioneira

Trenor lembrou que Galicia conta desde 2021 cun Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica co fin de adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, cun investimento de 191 M€ nesta lexislatura.

 

Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe.

 
  
 
GRANDES OBRAS COMARCA SANTIAGO
CONCELLO
CENTRO
TIPO DE OBRA
IMPORTE
Ames
Novo CEIP no Milladoiro
Nova actuación

 Por concretar

Boqueixón
CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto
Rehabilitación Integral

       828.634,40 €

Dodro
CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón
Rehabilitación Integral

     1.456.387,51 €

Frades
CPI de Ponte Carreira
Melloras sectoriais. Cuberta e fiestras

         378.831,37 €

Ordes
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

 Melloras sectoriais. Substitución de fiestras e SATA en edificio de Infantil e ascensor

        146.702,01 €

Ordes

 CEIP de Mesón do Vento 

Melloras sectoriais. Ascensor, pintado exterior do comedor e adaptación aseo

       143.472,60 €

Negreira
CEIP O Coto
Melloras sectoriais. Renovación de fiestras

       225.058,85 €

Padrón
CEIP Flavia
Rehabilitación Integral

        702.770,77 €

Rois
CPI Plurilingüe dos Dices 

Melloras sectoriais. Substitución de cuberta (nos dous edificios), e substitución de fiestras nos edificios antigos

      440.669,90 €

Santiago de Compostela
CEIP de Vite I
Melloras sectoriais

        237.376,64 €

Santiago de Compostela
CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei
Rehabilitación Integral 

       615.493,88 €

Santiago de Compostela
IES Lamas de Abade 
Rehabilitación Integral

        792.767,80 €

Santiago de Compostela
CEE Manuel López Navalón
 Instalación fotovoltaica

          28.973,96 €

Santiago de Compostela
CEE A Barcia
 Instalación fotovoltaica

          16.274,33 €

Santiago de Compostela
CEE O Pedroso
Instalación fotovoltaica

          28.973,96 €

Tordoia

 CPI Pecalama 

Melloras sectoriais. Cubertas dos edificios de Primaria e Secundaria

        397.526,35 €

Touro
CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz

Melloras sectoriais. Substitución de fiestras e pintura nas partes afectadas

          65.052,81 €

Trazo
CPI de Viaño

 Pequeno Melloras sectoriais. SATE, illamento de cuberta polo interior e falsos teitos, reparacións nos bordes de cubertas

        257.524,28 €

Val do Dubra
CPI de Bembibre

Melloras sectoriais. Edificio orixinal: substitución de cuberta, renovando canlóns e baixantes, SATE e substitución fiestras corredeiras. Edificio Secundaria: arranxar encontro fachada - cuberta

        372.183,90 €

 
 
19 ACTUACIÓNS

     7.134.675,32 €

CENTROS NOS QUE SE REALIZAN PEQUENAS OBRAS COMARCA SANTIAGO

CONCELLO
CENTRO
Ames  

IES Plurilingüe de Ames

Ames  

IES do Milladoiro

Boimorto

CPI Armando Cotarelo Valledor

Frades

CPI de Ponte Carreira

Ordes

CEIP de Mesón do Vento

Pino, O

CPI Camiño de Santiago

Rois

CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde

Rois

CEIP Plurilingüe dos Dices

Santiago de Compostela

CEIP Apóstolo Santiago

Santiago de Compostela

CEIP dos Roxos

Santiago de Compostela

CEIP Lamas de Abade

Santiago de Compostela

CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei

Santiago de Compostela

CEIP Plurilingüe Monte dos Postes

Santiago de Compostela

CEIP Pío XII

Santiago de Compostela

CEIP Raíña Fabiola

Santiago de Compostela

CEIP Ramón Cabanillas

Santiago de Compostela

CIFP Compostela

Santiago de Compostela

IES Eduardo Pondal

Val do Dubra

CPI de Bembibre

 

19 CENTROS

Imaxes relacionadas