A Xunta realizará actuacións de mellora da seguridade na rede viaria autonómica no entorno dos Camiños de Santiago ao seu paso polos concellos coruñeses de Boimorto, Arzúa, Sobrado, Cabanas e Cambre

Trenor visitou as actuacións que se están levando a cabo en Boimorto no cruce da estrada AC-934 que consisten na instalación de delimitadores na marxe esquerda da vía

 

O obxectivo é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos cruzamentos das estradas autonómicas coas rutas xacobeas, ou nos treitos da traza coincidentes, para favorecer unha mobilidade máis cómoda e segura para peregrinos e veciños

 

No seu conxunto, a Xunta desenvolverá 39 novas actuacións nos distintos camiños e trazados das rutas xacobeas ao seu paso por tres provincias por importe de 1,8 M€

 

Dáse continuidade ao programa impulsado o pasado ano pola Xunta na traza dos Camiños, na que se executaron 70 actuacións e ás que se destinou un investimento de 1,4 M€

 

Estas intervencións enmárcanse no esforzo da Xunta por mellorar a seguridade viaria dos Camiños de Santiago, cun investimento nos últimos anos de 4,9 M€, ademais dos 12,6 M€ das actuacións rematadas nas entradas das rutas xacobeas en Compostela

Boimorto (A Coruña), 22 de setembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, visitou a zona na que se se iniciaron as obras de mellora de seguridade na rede viaria de titularidade da Xunta, no ámbito dos Camiños de Santiago.

 

A Xunta ten previsto mellorar a seguridade do Camiño Norte e no Camiño Inglés en distintos treitos coincidentes coas estradas autonómicas da provincia da Coruña: na estrada AC-934 ao seu paso por Boimorto e por Arzúa; na AC-234 ao seu paso por Arzúa, por Boimorto e por Sobrado; na AC-231 e na AC-934 en Sobrado;; na AC-141 en Cabanas; e na AC-214 en Concello de Cambre.

 

No Concello de Boimorto, concretamente, estanse levando a cabo intervencións en varios tramos da estrada AC-934 que consisten na instalación de delimitadores de goma, na marxe esquerda da vía, con cinta reflectante amarela para reforzar a seguridade viaria dos peregrinos.

 

Trenor informou que, no seu conxunto, a Xunta desenvolve 39 novas actuacións nos distintos camiños e trazados da ruta xacobea en tres provincias por un importe de 1,8 millóns de euros.

 

Concretamente na provincia da Coruña están programadas un total de 11 actuacións: 9 intervencións no Camiño Norte e 2 no Camiño Inglés. O obxectivo é que estas obras estean rematadas antes de que finalice este mesmo ano.

 

Trátase do programa impulsado pola Xunta para executar actuacións para mellorar a seguridade en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, que se lle encomendan á empresa Tragsa. Cómpre lembrar que baixo este programa a Xunta xa executou o pasado ano outras 70 actuacións nas rutas xacobeas ás que destinou un investimento de 1,4 M€.

 

Os traballos definidos baixo esta encomenda da Xunta comprenden actuacións de reforzo da seguridade viaria e da accesibilidade para favorecer unha mobilidade máis segura para peregrinos e veciños nas vías de titularidade autonómica. As intervencións están a desenvolverse con criterios comúns no deseño, tanto desde o punto de vista da seguridade, como da accesibilidade e dos materiais empregados.

 

De xeito xeral, os traballos consisten na instalación, reforzo e retranqueo de sinalización; na construción de sendas, muros, gabias transitables e pasarelas; na instalación de barreiras e varandas ou novos encamiñamentos; e en calquera outra actuación que sexa precisa para incrementar a seguridade da rede autonómica de estradas galegas no entorno dos Camiños de Santiago.

 

Estas intervencións enmárcase na aposta da Xunta por mellorar a seguridade viaria dos Camiños de Santiago, cun investimento nos últimos anos de 4,9 M€, ademais dos 12,6 M€ das intervencións que se remataron á súa entrada en Compostela.

Imaxes relacionadas