Arias amosa o apoio da Xunta a Afalu no Día Mundial do Alzhéimer

Lugo, 21 de setembrode 2022

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou a carpa informativa instalada hoxe na explanada da Delegación Territorial da Xunta pola Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer, Afalu, con motivo do Día Mundial contra esta enfermidade. A partir das 21.00 horas, a fachada deste edificio iluminarase de morado para sumarse á conmemoración.

 

Arias gabou o labor que realiza a entidade cos doentes e o seu entorno, en especial mediante a xestión dos centros de día da Xunta situados en Lugo e Friol. Este último foi o primeiro das súas características en poñerse en marcha no rural lucense, hai xusto un ano. No que respecta ao de Lugo, a Consellería de Política Social vén de investir 100.000 euros na substitución da cuberta e mellora do illamento.

Imaxes relacionadas