A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública da rúa Fermín Rivera de Lugo

Lugo, 21 de setembrode 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no acto de entrega aos novos adxudicatarios dunha vivenda de promoción pública situada na rúa Fermín Rivera, no concello de Lugo. Trátase dun piso de 65 metros cadrados, con dous dormitorios, e dispón tamén de rocho e garaxe.

 

Arias lembrou que as persoas interesadas en optar a estas adxudicacións deben inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia, un trámite sinxelo que se realiza de forma electrónica e posibilita o acceso aos sorteos das vivendas de promoción pública. Ao respecto, lembrou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda conta cun parque de 2890 vivendas na cidade de Lugo e está en marcha a licitación do proxecto construtivo doutras 58 no barrio do Castiñeiro.

Imaxes relacionadas