Fernández-Tapias reúnese co equipo da nova Unidade de Demencias Multidisciplinar no Día Mundial do Alzheimer

A delegada territorial da Xunta en Vigo, que cifrou en 15.000 as persoas con maior o menor grao de deterioro cognitivo na área de Vigo, fixo fincapé na importancia do seu diagnóstico precoz para garantir unha maior calidade de vida

Vigo, 21 de setembro de 202

2 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, se reuniron hoxe no Hospital do Meixoeiro co equipo da nova Unidade de Demencias Multidisciplinar coincidindo coa celebración do Día Mundial do Alzheimer.

 

A representante autonómica, que cifrou en 15.000 as persoas con maior o menor grado de deterioro cognitivo na área de Vigo, fixo fincapé na importancia do seu diagnóstico precoz para garantirlles unha maior calidade de vida aos que sofren esta doenza. “É importante poñerlle freo a tempo para que poidan vivir o maior tempo posible lembrando aquilo que foron e deixando as súas leccións de vida aos que continuamos o seu legado”, engadiu. 

 

“O obxectivo é que cada paciente teña acceso a un proceso diagnóstico de calidade, un plan de intervención terapéutico apropiado e un seguimento acorde ás distintas fases da enfermidade; dando así resposta ás necesidades do enfermo e das súas familias”, anotou Fernández-Tapias.

 

O Alzheimer está considerado como a forma máis común de demencia que afecta en Galicia a máis de 70.000 persoas.

 

Nova unidade

A Unidade de Demencias, que leva tres anos en funcionamento, se encarga das actividades asistenciais que comprenden o diagnóstico e seguimento dos pacientes con estas patoloxías. Ata o momento, os enfermos eran atendidos por unha especialista en neuroloxía e persoal de enfermería con consulta no Hospital Álvaro Cunqueiro, ademais de contar coa Unidade de Psicoxeriatría no Meixoeiro. Agora se centraliza esa atención creando unha área específica de 250 metros cadrados e 7 consultas no Meixoeiro.

 

A Unidade conta cun equipo multidisciplinar composto por 2 especialistas en neuroloxía, 1 en psicoxeriatría, 1 en psicoloxía, 1 traballador social, 2 profesionais de enfermaría e persoal administrativo. Este equipo prevé atender a 1500 pacientes ao ano.

Imaxes relacionadas