O bono turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 65 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte

O delegado da Xunta visitou, esta mañá, as Cabañas da Fonte en Canduas, un dos locais dispoñibles na selección deste bono que se reactivou o 15 de setembro ata o 31 de decembro

Estas axudas inxectaron máis de 380.000 euros nos establecementos turísticos desta área na convocatoria do ano pasado

Cabana de Berbantiños (A Coruña), 20 de setembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, lembrou esta mañá que desde o pasado xoves, 15 de setembro, xa está de novo activado o bono turístico “Quedamos en Galicia” que ten adheridos 65 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

 

O delegado territorial subliñou que esta medida inxectou máis de 433.000 euros nos locais desta área que se uniron á campaña na edición anterior de 2021.

 

Trenor fixo estas declaracións, acompañado no transcurso dunha visita ás Cabañas da Fonte en Canduas un dos establecementos que se poden seleccionar, ubicado no Concello de Bergantiños-Costa da Morte, dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.

 

O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos ao remate desta terceira edición cun gran éxito de participación, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta”.

Trenor tamén destacou que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estuvimos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector a pechar o Xacobeo con cifras históricas”.

O delegado da Xunta rematou recalcando que “Galicia está de moda” e puxo en valor a profesionalidade do sector e a solidariedade e responsabilidade dos galegos na consecución destes fitos.

 

LOCALES ADHERIDOS NO BONO TURÍSTICO 2022 NA COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

 
DENOMINACIÓN
TIPOLOXÍA
MUNICIPIO
TOTAL POR MUNICIPIO
CASA LUGAR DE TRASANDE
TURISMO RURAL
A LARACHA
1
A CASA DA ESTRELLA
APARTAMENTOS

CABANA DE BERGANTIÑOS

3
CABAÑAS DA FONTE
APARTAMENTOS
CABANA DE BERGANTIÑOS
TURISMO RURAL O XASTRE DE ANOS

TURISMO RURAL

CABANA DE BERGANTIÑOS

O MAR DE PRECIOSA
PENSIÓNS
CAMARIÑAS
2
PLAYA DE CAMARIÑAS
PENSIÓNS
CAMARIÑAS
BALNEARIO DE CARBALLO
HOTEIS
CARBALLO
6
MAR DE MENTA VIAXES

AXENCIAS DE VIAXES

CARBALLO
MAR DE QUEO
TURISMO RURAL
CARBALLO
MAR DE QUEO 2
HOTEIS
CARBALLO
PUNTA DEL ESTE
HOTEIS
CARBALLO
RÍO SIL
PENSIÓNS
CARBALLO
A BALLENERA
PENSIÓNS
CEE
10
AS EIRAS
HOTEIS
CEE
CABANAS DA RÍA
APARTAMENTOS
CEE
CABAÑAS DE LIRES
APARTAMENTOS
CEE
CASA JESÚS
TURISMO RURAL
CEE
CASA RAÚL

TURISMO RURAL

CEE
HOTEL INSUA
HOTEIS
CEE
PENSION LIRESCA
PENSIÓNS
CEE
RÍA DE LIRES
HOTEIS
CEE
TRAVELS TO FINISTERRE, S.L.

AXENCIAS DE VIAXES

CEE
APARTAMENTOS VIDA CORCUBION
APARTAMENTOS
CORCUBIÓN
1
CASA DE SANTA UXÍA

TURISMO RURAL

DUMBRÍA
2
HOTEL MAR DO EZARO
HOTEIS
DUMBRÍA
A CASIÑA DE DINA

VIVENDAS TURÍSTICAS

FISTERRA
12
ALÉN DO MAR
HOTEIS
FISTERRA
APARTAMENTOS VIDA FINISTERRE
APARTAMENTOS
FISTERRA
CABAÑAS FISTERRA
APARTAMENTOS
FISTERRA
COSTA DA MORTE
HOTEIS
FISTERRA
HCABOSPORT
PENSIÓNS
FISTERRA
HOTEL MAR DA ARDORA NATUREZA E PRAIA
HOTEIS
FISTERRA
HOTEL MAR DE FISTERRA
HOTEIS
FISTERRA
HOTEL RÚSTICO FINISTERRAE
HOTEIS
FISTERRA
HOTEL VIDA FINISTERRE CENTRO
HOTEIS
FISTERRA
O SEMAFORO
HOTEIS
FISTERRA
PRADO DA VIÑA
HOTEIS
FISTERRA
A TORRE DE LAXE
HOTEIS
LAXE
6
CABANAS NAREA
APARTAMENTOS
LAXE
CASA RURAL DE ARRUEIRO

TURISMO RURAL

LAXE
HOTEL MAR DE LAXE
HOTEIS
LAXE
HOTEL O NÁUTICO
HOTEIS
LAXE
PLAYA DE LAXE
HOTEIS
LAXE
A CASA DA VASCA
PENSIÓNS

MALPICA DE BERGANTIÑOS

2
CABANAS DE VENDAVAL
CÁMPINGS
MALPICA DE BERGANTIÑOS
A DE LOLÓ
HOTEIS
MUXÍA
13
APARTAMENTOS VIDA MUXIA
APARTAMENTOS
MUXÍA
CAMIÑO DA BARCA
APARTAMENTOS
MUXÍA
CASA CASTIÑEIRA
TURISMO RURAL
MUXÍA
CASA DAS FIADEIRAS DE NEMIÑA

TURISMO RURAL

MUXÍA
CASA DE LEMA
PENSIÓNS
MUXÍA
CASA FONTEQUEIROSO
HOTEIS
MUXÍA
ET SUSEIA
ALBERGUES
MUXÍA
HOSTEL MONATERIO DE MORAIME
ALBERGUES
MUXÍA
LA CRUZ
HOTEIS
MUXÍA
PARADOR COSTA DA MORTE
HOTEIS
MUXÍA
PRAIA DO CAPITAN
APARTAMENTOS
MUXÍA
SOLPOR DO COÍDO
PENSIÓNS
MUXÍA
CASA DO CASEIRO
APARTAMENTOS
PONTECESO
2
PLAYA DE OSMO
APARTAMENTOS
PONTECESO
A CASA DA CANLE
APARTAMENTOS
VIMIANZO
3
CASAS DA FONTENLA
APARTAMENTOS
VIMIANZO
PASTORIZA
PENSIÓNS
VIMIANZO
CASA DO RELOJERO
PENSIÓNS
ZAS
2
CASA DO VENTO
HOTEIS
ZAS
 
TOTAL COSTA DA MORTE
 
65
 
 

Imaxes relacionadas