Trenor sinala a carreira ENKI-22 como única en España e a máis divertida e solidaria

Trenor lembrou que a organización ten o compromiso de destinar o 100% do diñeiro recadado desta e das súas outras carreiras a entidades sociais e proxectos que promoven dunha forma efectiva a incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional

A Coruña, 20 de setembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá na presentación da carreira ENKI-22 que terá lugar na cidade da Coruña o 15 de outubro. O representante do Goberno galego subliñou que “estamos ante un evento único en España, a carreira máis divertida e solidaria de Galicia alcanza xa a súa novena edición, e está cimentada como unha das citas craves da inclusión social de persoas con diversidade funcional”.

 

Trenor lembrou que ENKI ten o compromiso de destinar o 100% do diñeiro recadado coas inscricións desta e das súas outras carreiras a entidades sociais e proxectos que promoven dunha forma efectiva a incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional.

 

O delegado da Xunta apuntou que “os nosos “Marines ENKI” son o testemuño de que a felicidade e a perfección camiñan por senllas diferentes. Os seus sorrisos, empuxadas por decenas de miles de coruñeses, fannos a todos un pouco máis imperfectos, un pouco máis felices e un pouco mellores”. Por iso, agradeceu á Fundación Abrente, a ENKI e a todos os voluntarios que traballan duro para que esta perfecta anarquía que é a Carrera ENKI salga case perfecta

Imaxes relacionadas