Activo un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira

Segundo as primeiras medicións, o lume afecta menos de unha hectárea de superficie dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
 

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira.

 

O lume iniciouse ás 16,51 h. desta tarde e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos de unha hectárea dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control traballan 1 axente, 2 brigadas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural