Lorenzana anima ás palilleiras de Mos a asumir a seguir “tecendo” a historia de Galicia con encaixes

A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe ao certame DesfilaMos, un desfile de moda confeccionada con encaixe que celebrou a súa segunda edición, organizado pola Asociación de Palilleiras da localidade
 

Puxo en valor o protagonismo feminino nesta actividade que se está a revalorizar mediante apostas creativas como esta iniciativa
 

Mos (Pontevedra), 17 de setembro de 2022 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na entrega de premios do desfile de novos deseñadores DesfilaMos, que se celebrou nos xardíns do Pazo dos Marqueses, organizado pola Asociación de Palilleiras de Mos.

A conselleira destacou o impulso que iniciativas coma esta contribúen a facer do encaixe de palillos para revalorizar un dos oficios “máis antigos e auténticos” de Galicia. “Grazas a asociacións como a vosa, que traballades cada día para que unha tradición con gran relevancia social e económica na nosa comunidade facemos que se manteña con vigor ata hoxe en día”, indicou ás persoas participantes.

A mostra supón a posta en valor do traballo artesanal e da creatividade asociada a esta actividade, que Lorenzana quixo destacar. A Asociación de Palilleiras de Mos leva 14 anos celebrando unha xuntanza cada segunda semana de xuño e este 2022, por segundo ano consecutivo, organiza o desfile para seguir visibilizando o seu laborioso traballo.

O concurso de Noveis Deseñadores, enmarcado na xornada de hoxe, permitiu, pola súa banda, coñecer 10 coleccións galegas e de procedencia foránea como Bulgaria, Italia ou Portugal, aspecto este que remarcou a titular de Promoción do Emprego e Igualdade, quen tendeu a man da Xunta ao colectivo de artesás para “seguir tecendo esta historia feita con encaixes e cun gran protagonismo feminino”.  

 

Imaxes relacionadas