A Xunta colabora coa VII Convivencia de persoas maiores xordas de Galicia

Poio (Pontevedra), 17 de setembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañou hoxe aos participantes na VII Convivencia de persoas maiores xordas de Galicia, organizado por Faxpg e que se está a celebrar este fin de semana no Mosteiro de San Xoán de Poio.

Durante os dous días que dura esta convivencia os participantes realizarán diferentes actividades como unha visita a Combarro ou unha conferencia a cargo de Fuensanta Monserrat, que forma parte do Consejo Consultivo de Personas Mayores Sordas de la CNSE.

Imaxes relacionadas