O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta mañá a un encontro organizado por Cruz Vermella con algunhas destas familias

A Xunta agradece ás familias acolledoras de Galicia o seu espírito solidario

Máis de 1.200 nenos en Galicia están integrados dentro do sistema de acollemento fa-miliar, unha forma de protección prioritaria para o Goberno autonómico

Malpica de Bergantiños (A Coruña), 17 de setembro de 2022

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta mañá ao encontro con familias acolledoras organizado por Cruz Vermella en Malpica de Bergantiños. Durante o evento agradeceu a todas estas familias o seu espírito solidario e todo o cariño que ofrecen aos nenos en réxime de protección.

O director xeral sinalou que a Xunta de Galicia aposta por esta fórmula de protección. Galicia conta con 961 familias acolledoras, que permiten que máis de 1.200 nenos e adolescentes vivan cunha familia. Jacobo Rey animou a que as familias difundan as vantaxes destes programas tanto para os nenos como para as persoas que participan neles.

Por outro lado, agradeceu a Cruz Vermella a posta en marcha de programas específicos de acollemento familiar. Lembrou que o Goberno galego segue confiando no tecido social galego para poñer en marcha iniciativas que axuden ás persoas que sofren algún tipo de exclusión social a vivir unha vida plena.

Imaxes relacionadas