A Xunta e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais afondan en novos proxectos de colaboración

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2022

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo unha xuntanza de traballo co presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave), Fernando Rois, para coñecer novas propostas de colaboración por parte da entidade. No encontro participou tamén a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.

Cómpre lembrar que a Xunta asinou o pasado xullo un convenio de colaboración coa confederación veciñal por un importe de case 65.000 euros, mantendo así a colaboración e apoio do Goberno galego tanto á propia confederación como a cinco das federacións veciñais que a integran. Cogave reúne a meirande parte das federacións veciñais de Galicia, contribuíndo á mellora da calidade da vida local e a dinamizar o movemento veciñal. Nos últimos anos, o investimento froito desta colaboración supera os 644.000 euros.

Imaxes relacionadas