A residencia 'Lug I' da Xunta aloxa este curso na cidade de Lugo a 74 estudantes de BAC, FP e grao

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, subliña que a volta á normalidade tras dous anos de pandemia permitirá retomar as actividades de convivencia no centro

Lugo, 13 de setembro de 2022

A residenciaxuvenil LUG I, dependente da Consellería de Política Social e Xuventude, aloxa este curso a 74 mozos e mozasque cursan estudos de BAC, Formación Profesional e graona cidade de Lugo.


O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou hoxe asinstalacións para coñecer como se está a desenvolver a chegada dos rapaces. “A volta á normalidade tras dous anos de pandemia tamén está a marcar o inicio do curso nas residencias xuvenís da Administración autonómica, que prevén retomar as actividades de convivencia igual que facían antes das restricións da covid”, subliñou Arias.


En canto ás prazas cubertas, sinalou que 45 residentes realizanestudos de grao -predominan Maxisterio, con 12 alumnos; e Veterinaria ou Deseño Gráfico, con 6 cada un -. Outros 18 cursan Formación Profesional e 11 están matriculados en BAC.


Ademais, apuntou que destaca a cifra de usuarias mulleres, un 67% - 50 fronte a 24 homes –. En canto aos lugares de procedencia, Arias explicou que a maioría dos residentes son galegos: 31 de concellos lugueses, 36 doutras provincias e 7 doutras localidadesespañolas como Madrid, Salamanca ou Burgos.


Tamén sinalou que catro das prazas está reservadas para mozas e mozos colaboradores bolseiros, que dispoñen de aloxamento e mantenza gratuítos a cambio de desenvolver labores de dinamización (principalmente de información xuvenil, biblioteca, informática ou deporte, entre outras). Arias agradeceulles a súa implicación xa nestes primeiros días, axudando a que todos se familiaricen co centro.


As residencias xuvenís da Xunta ofrecen durante o ano académico aloxamento e mantenza a mozos e mozas estudantes e desenvolven unha serie de actividades e convivencias educativas que buscan fomentar valores sociais, culturais e deportivos. Arias tamén subliñou que a Consellería traballa para mantelas nas mellores condicións de uso e destacou entre as obras máis recentes realizadas na LUG I o pintado dos dormitorios das tres plantas e a renovación da instalación eléctrica, realizados o curso pasado.

Imaxes relacionadas