A Xunta completa a fase de rehabilitación do firme da LU-113 entre Moncelos e Abadín, cuxas obras avanzan a bo ritmo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a continuación executaranse os drenaxes laterais e as cunetas de formigón, actuacións previas á extensión da nova capa de rodaxe

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina 2,2 M€ a reforzar case oito quilómetros desta estrada autonómica 

Abadín (Lugo), 10 de setembrode 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza a bo ritmo nas obras de mellora da estrada autonómica LU-113 ao seu paso polo concello de Abadín, segundo constatou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, durante unha visita para comprobar a marcha das actuacións.


Arias explicou que a intervención comezou en agosto e o bo tempo axudou a traballar con axilidade. Así, esta semana está previsto finalizar a fase de rehabilitación do firme existente para executar a continuación os drenaxes laterais e as cunetas de formigón, actuacións previas á extensión da nova capa de rodaxe.


Poñemos todos os medios necesarios co obxectivo de rematar as obras dentro deste ano se o clima o permite”, salientou Arias. Lembrou que o proxecto céntranse no acondicionamento dos últimos 7,8 km da LU-113, o treito entre Moncelos e Abadín, o que redundará na mellora da seguridade e prestacións da vía.


A Xunta destina 2,2 millóns de euros a estas obras, que se realizan desde o punto quilométrico 22+800, á altura do enlace coa estrada LU-121, ata o remate da estrada no quilómetro 30+600, na conexión coa autovía do Cantábrico.

Descrición das obras

As actuacións consisten na reparacióndas zonas que presentan fisuras e os treitos máis deteriorados en zonas puntuais ou con esgotamento estrutural do firme, complementadas con outras intervencións co fin de adaptar a vía ao tráfico que soporta e optimizando a súa vida útil.

En concreto, realízanse fresados localizados e reponse o pavimento con mestura bituminosa. Para mellorar a drenaxe da estrada executarase unha cuneta de seguridade revestida en formigón, que disporá de tubo dren para evitar as filtracións á explanada. Proxéctanse ademais un conxunto de intervencións de reforzo da seguridade como cunetas, sinalización horizontal, tacos de resalto ou captafaros.

Imaxes relacionadas