A Xunta e o CB Sagrado Corazón promoven un evento deportivo co baloncesto e o Camiño de Santiago como eixos principais

A iniciativa Xacobeo Basket Total promoverá torneos con equipos nacionais de ACB, de categorías inferiores, clinic con adestradores de renome e partidos 3x3 en catro concellos lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da iniciativa, patrocinada polo programa O Teu Xacobeo

Os partidos CB Breogán-Surne Bilbao Basket e Durán Maquinaria Ensino-Embutidos Pajariel Bembibre, os días 10 e 18 de setembro respectivamente, son as principais citas do proxecto

Lugo, 7 de setembro de 2022

A Xunta de Galicia e o CB Sagrado Corazón promoven o evento deportivo Xacobeo Basket Total, co baloncesto e o Camiño como eixos principais, coa promoción do Camiño Francés e o Camiño Primitivo, e a celebración das actividades en Lugo, Palas de Rei, A Fonsagrada e Guntín.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, interviu hoxe na presentación xunto con representantes das demais entidades implicadas no proxecto, patrocinado pola Administración autonómica a través deO Teu Xacobeo.Ainiciativa contará coa participación dos dous principais equipos da cidade, o CB Breogán e o Durán Maquinaria Ensino; dos equipos de ACB e Liga Femenina Endesa, o Surne Bilbao Basket e o Embutidos Pajariel Bembibre; ademais de 14 equipos infantís e cadetes e adestradores nacionais.

Todos eles farán posible un amplo programa no que haberá encontros de primeiro nivel, torneos de categorías inferiores, partidos 3x3, clinic e xornadas adicadas ao baloncesto como deporte integrador para as persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas