A Xunta colabora coa Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de Pepito en Rianxo para mellorar a potabilización e para evitar perdas de auga

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego
 

Destináronse, o ano pasado, máis de 12.000 euros a actuacións a prol da mellora da autoxestión e das infraestruturas da súa traída e este ano recibiron outra axuda de máis de 13.000 euros para seguir renovando as súas instalacións
 

O representante do Goberno galego recalcou que na comarca do Barbanza apoiáronse, no 2022, a tres entidades de comunidades de usuarios de augas cun importe de 42.000 euros para optimizar as súas infraestruturas
 

Trenor lembrou que a Xunta incrementou este ano o orzamento da orde nun 20%, ata acadar os 3 M€

Rianxo (A Coruña),  5 de setembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou hoxe as actuacións levadas acabo co apoio da Xunta, nas que se investiron máis de 12.000 euros para realizar melloras na potabilización e evitar perdas de auga nas infraestruturas da Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de Pepito. O delegado da Xunta subliñou que esta entidade tamén recibirá este ano outros 13.000 euros para seguir realizando actuacións a prol da mellora da autoxestión e das infraestruturas da súa traída.

 

Na súa visita, Gonzalo Trenor, puido comprobar a utilidade destes apoios para optimizar a xestión da auga a nivel comunitario. O delegado da Xunta lembrou que esta orde vai dirixida a asociacións veciñais, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais e resaltou que este ano incrementou o seu orzamento nun 20% con respecto ao 2021, ata acadar os 3 millóns de euros. O reforzo encádrase na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega.

 

Concretamente, segundo informou o representante do Goberno galego, na comarca de Barbanza apoiáronse no 2022 a tres comunidades de usuarios de augas a de Xuño en Porto do Son, a de Corrubedo en Ribeira e da de Pepito en Rianxo, cun importe de 42.000 euros para optimizar as súas infraestruturas.

 

Trenor lembrou que este  investimentos poden ir destinados ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e á compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades. Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento.

Imaxes relacionadas