Fernández-Tapias entrega o premio ao Mellor Proxecto Feminino na gala nacional de Vela Terras Gauda

Baiona (Pontevedra), 3 de setembro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este sábado na gala dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, celebrada no Monte Real Club de Yates de Baiona, no marco da 37ª edición do Trofeo Príncipe de Asturias. .

 

A regatista alicantina Nuria Sánchez recibiu de mans da representante autonómica o galardón que distingue ao equipo Dorsia Covirán Sailing Team como o Mellor Proxecto Feminino do 2022.

 

O xurado que concede as distincións quixo recoñecer o labor de divulgación e promoción que o equipo, integrado por Nuria Sánchez, Natalia Via-Dufresne, Susana Romero, María Torcida, Mar Gil y Martina Ruigómez, está a realizar en favor da figura da muller no mundo da vela; así como os valores de igualdade e deportividade.

Imaxes relacionadas